Residuos - Poio

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 22/2011, de Residuos)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei 22/2011 de Residuos (art.17) define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na orde mam/304/2002, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Servizo de Recollida de Voluminosos

Servizo de Recollida de Voluminosos

Atención de 09:00 a 13:00. Tlfs. 986 771 185- 638 881 267

Punto Limpo Móbil

https://www.concellopoio.gal/index.php/punto-limpo-mobil

Punto Limpo Móbil

Contenedores de Aceite

Contenedores de Aceite

· San Salvador de Poio: Urbanización Casal de Ferreirós

· San Salvador de Poio: Avda. Porteliña 11

· Campelo: Praza da Granxa con Rúa Pedro Souto Couselo 5

· San Xoán de Poio: Explanada da Seca, recinto feiral

· San Xoán de Poio: Avda. de San Xoán 10 (Ao lado da marquesiña do bus)

· Combarro: Paseo Marítimo de Combarro (Próximo zona verde / parque infantil)

· Samieira: Estrada PO 303, no entorno da praza Alfredo Romay

· Raxó: Rúa Leopoldo Novoa (Proximidades parque infantil)

Composteiros

Composteiros

Moita da materia orgánica que botamos ao lixo ao final do día, por exemplo os restos de alimentos, podemos transformala en compost ou, o que é o mesmo, nun fertilizante natural. Con cada 100 quilos de este tipo de lixo obtéñense entre 20 e 25 quilos de compost.

Este é un proceso limpo, ecolóxico, que non produce cheiros, para isto o máis recomendable é dispor dun colector específico para a compostaxe (ou mesmo utilizar algún comunitario). Non necesitarás facer gasto en mantemento, pois non require dun motor ou de algún outro tipo de mecanismo.

Tendo en conta que o lixo que xeran os fogares contén entre o 40 e o 50% de materia orgánica e que esta se pode transformar en abono, as vantaxes do uso dos composteiros son enormes, tanto para o medio ambiente en xeral como, para o particular e para o Concello de Poio. Reducindo entre todos o volume do lixo evitaremos ter que pagar pola incineración do mesmo, o que suporía un importante aforro económico en beneficio de todos e todas.

O Concello de Poio pon a disposición dos veciños e veciñas composteiros individuais fáciles de instalar no exterior das vivendas o nos xardíns. Trátase de colectores de 600 litros de capacidade, que veñen acompañados de un pequeno manual de instrucións de como realizar o proceso da compostaxe de xeito correcto.

Asemade xa está a traballar na nosa vila a Mestra Composteira, á que lle podedes consultar as vosas dúbidas no correo electrónico planrevitaliza@concellopoio.gal

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies