A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asegurou nos micrófonos de Voces da Coruña de Radio Voz que van empezar a sacar á rúa o tema da sanción» para así evitar que se abandonen os mobles nos colectores. «Non nos gusta esa opción, pero non nos vai a quedar máis remedio», comentou. Neste sentido, engadiu que «cando á xente lle chegue a multa, tristemente vai responder».
A concelleira tamén manifestou a súa indignación por que, «a estas alturas da película, con todos os medios que o Concello pon ao servizo do cidadán para a retirada destes aveños, a xente siga baixando de todo desde os seus domicilios á rúa». Ademais, Fontán lembrou que para desfacerse dos mobles basta con chamar ao 010 e concretar unha cita para a recollida. Para rematar, asegurou que se porá en marcha unha campaña de concienciación e información sobre este punto e apelou á «colaboración e o compromiso» de todos os residentes na cidade.