E ti ¿que pensas sobre a agricultura ecolóxica?

02/07/2020

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

Somos o que comemos? Esa é a pregunta que tentarán responder as investigadoras do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela Ruth Rodríguez e Marta López. Ambas coordinan un dos obradoiros incluídos na programación do campus de verán Xuveciencia en Rede, que ven de lanzar unha enquisa para coñecer as opinións da poboación galega sobre a alimentación ecolóxica e os lugares de onde procede.

A iniciativa levarase a cabo a través da participación do alumnado de secundaria e das monitoras científicas enroladas no campus. Busca compilar datos e impresións de cidadáns que permitan determinar de xeito preciso a percepción que existe entre a poboación de Galicia sobre a alimentación ecolóxica e de proximidade e o medio rural no que se producen estes alimentos. Con fin de acadar unha mostra o máis ampla que sexa posible, os promotores desta consulta animan a toda a poboación galega a responder de xeito anónimo a enquisa , á que poden acceder a través de este enlace https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe_VuUihAoUJKptT-Re8lheZURURRVUpTVDc2ODVCMENSNDZXQVZFU0pRQy4u

A pretensión última das investigadoras pasa por recabar datos sobre a aceptación dos cultivos alimentarios que se obteñen en Galicia a partir de técnicas respectuosas co medio ambiente, as denominacións de orixe e as razas de gandería autóctonas. Outra das premisas desta enquisa é o coñecemento da posible incidencia e dos supostos efectos da situación actual de pandemia global na idea dos galegos sobre a importancia do medio rural do país no abastecemento de alimentos de calidade e cunha menor pegada ecolóxica.

LA VOZ DE GALICIA

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies